
Benvida/o á web de Compartimos Plan!
Compartimos Plan é a estratexia para elaborar, de maneira participativa, un estudo de diagnose e plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia da Coruña.
Aquí atoparás toda a información do proxecto, dende os eventos que se organizan, os recursos dispoñibles para que participes activamente, materiais divulgativos, etc. Así, estarás ao tanto de Compartimos Plan a tempo real.
Esta web vai selo teu canal de comunicación e de traballo, útil, operativo e colaborativo, unha ferramenta con vida propia.
Non o dubides! Se formas parte dunha asociación que avoga pola igualdade, se es persoal técnico dalgún concello da provincia da Coruña, ou simplemente tes conciencia de xénero tes que participar. Ti es axente chave deste proxecto.
Cada aportación é importante, a túa opinión conta! Comparte para crear sinerxias, xerar confianza e engadir valor.
Síntete parte!
Nós xa estamos compartindo, e ti?