Durante a elaboración da Diagnose e do Plan de Acción púxose en marcha un proceso amplamente participativo no que se contou coa participación do persoal técnico e político dos concellos da provincia, co persoal doutras Administracións, co tecido asociativo, empresarial, e coa veciñanza, entre outras. Continuando con esta premisa, novamente CONVIDÁMOSVOS A PARTICIPAR NA PRESENTACIÓN TÉCNICA DE RESULTADOS DE COMPARTIMOS PLAN, concluíndo desta maneira o traballo técnico do proxecto.
Para levar a cabo a planificación desta presentación, rogamos confirmedes a asistencia a través desta ligazón: QUERO CONFIRMAR ASISTENCIA