POBOACIÓN XERAL

A cidadanía no seu conxunto ten moito que aportar sobre a igualdade de xénero. Axúdanos a coñecer cales son as percepcións e ideas que se manteñen sobre a igualdade entre mulleres e homes e sobre a violencia de xénero.

Se es maior de idade non o penses, cubre este cuestionario e comeza a Compartir Plan.

PERSOAL TÉCNICO

A igualdade de xénero está inserida nos ámbitos laboral, familiar e persoal. Ti, coa experiencia do día a día no teu traballo, podes aportar luz.

Pon o teu coñecemento a disposición de Compartimos Plan para gañar en igualdade e intentar rachar coas desigualdades por razón de xénero.

ENTIDADES E ASOCIACIÓNS

Levades tempo traballando en prol da igualdade entre mulleres e homes?

Este é o momento de dar un paso máis, axúdanos a esmiuzar a panorámica das políticas de xénero na túa contorna.

BOAS PRÁCTICAS

Pensamos que no teu concello, centro educativo, asociación ou empresa xa se están facendo cousas innovadoras e de gran impacto en materia de igualdade, así que che pedimos que nolo contes cubrindo esta ficha de boas prácticas.

Tan só precisas de 5 minutos para cubrila!

Share This